Skip to main content

A Devesa

Lugar Eirexe, 12
Categoría Restaurante

O restaurante A Devesa conta con máis de 25 anos de experiencia no sector, desde a súa apertura no ano 2000. Especializado en carnes e peixes á grella, a súa carta inclúe pizzas artesanais, cordon bleu, croca, bacallau á galega e á prancha, churrasco, entrecot, paellas baixo pedido, así como unha selección de entrantes e sobremesas. Cada prato reflicte a calidade dos seus ingredientes e a tradición da súa cociña, ofrecendo unha experiencia gastronómica completa para todos os padares.

O restaurante ten capacidade para 102 persoas e dispón de menús diarios, ademais de organizar eventos e comidas para grupos. O seu ambiente acolledor e a súa atención profesional convérteno nun lugar ideal tanto para gozar da gastronomía local como para celebrar reunións e ocasións especiais.

Contacto
  • Lugar Eirexe, 12
    36548
  • Silleda
  • 986 580 776
Outros detalles
Accesíbel
Localización