Skip to main content
A ruta do viño e da tradición

Camiño Miñoto Ribeiro

O Camiño Miñoto Ribeiro chega ao Deza desde o sur entre viñedos, patrimonio e paisaxes de gran beleza. O seu percorrido permite coñecer unha Galicia serena, marcada pola tradición, a natureza e a historia xacobea.

Entre viñedos e tradición

Camiño do viño

O seu nome procede da comarca histórica do Ribeiro e da tradición vitivinícola que acompaña ao peregrino ao longo do percorrido.

Porta desde Portugal

É unha das rutas históricas que conectaban Braga e o norte de Portugal con Santiago a través do interior galego.

Ruta tradicional

Segue antigos trazados históricos, ofrecendo unha experiencia máis tranquila e menos masificada ca outras rutas xacobeas.

AS ETAPAS

O teu camiño paso a paso

Elixe etapa e prepara a túa experiencia coa súa ruta virtual, video e audioguía.

ETAPA 1

Pazos de Arenteiro - Soutelo de Montes

O Camiño Miñoto Ribeiro entra en Pontevedra por Portela de Lamas e avanza por camiños reais ata Soutelo de Montes. Un tramo que permite descubrir o seu pasado arrieiro, a arquitectura tradicional e espazos vinculados á historia e á cultura local.

29,6 km
6-7 h
Dificultade alta

Multimedia

VER VÍDEO
RUTA VIRTUAL
ETAPA 2

Soutelo de Montes - O Foxo

Desde Soutelo, o camiño percorre montes e aldeas seguindo trazados históricos ata O Foxo. A ruta pasa por Forcarei, a ponte medieval de Gomail e paisaxes de gran beleza, combinando patrimonio, natureza e vestixios de antigos camiños tradicionais do interior galego.

27,5 km
6 h
Dificultade media

Multimedia

VER VÍDEO
RUTA VIRTUAL
ETAPA 3

O Foxo - A Gándara

Esta etapa curta e accesible avanza entre aldeas, igrexas e suaves paisaxes rurais ata o val do Ulla, ofrecendo un percorrido tranquilo e agradable para o peregrino. O itinerario pasa por Ancorados e Ponte Sarandón, onde o río marca o final do tramo e a conexión con outras rutas cara a Compostela.

20,7 km
4-5 h
Dificultade media

Multimedia

VER VÍDEO
RUTA VIRTUAL
Non o perdas

Imprescindibles da ruta

VER RECURSOS HOSTELEROS

Consello do peregrino

Aproveita as paradas en aldeas e vilas para descubrir a tradición vitivinícola e a cociña local. Na primavera e no outono a paisaxe está especialmente fermosa, pero convén levar chuvasqueiro pola humidade frecuente

Listo para comezar o teu Camiño?

Consulta toda a información na nosa web e planifica a túa visita.

PLANIFICA A TÚA VISITA