Remanso de Trasfontao – Casa do Campo está situada no número 7 da aldea de Trasfontao e componse de dous aloxamentos independentes: Cabaña Lareira e Cabaña Forno. As dúas atópanse baixo a mesma cuberta, pero contan con accesos directos desde o exterior e non están comunicadas entre si, garantindo privacidade e comodidade aos seus hóspedes.
O espazo exterior é de uso compartido e inclúe un amplo xardín, mini porterías para xogar ao fútbol, zona de barbacoa e piscina, dispoñible do 16 de xuño ao 15 de setembro. Unha contorna ideal para gozar do descanso, a natureza e o lecer ao aire libre en plena Galicia rural.
Localización